loading

O PROXECTO

Aínda que somos unha pastelería afincada en Vigo dende hai poucos anos, dende o principio para nós foi importante estar involucrados na vida da cidade e formar parte dela. Por iso, en cada campaña e iniciativa, non só queremos innovar senon tamén facelo coa participación de deseñadores e artistas locais, dándolle valor a nosa cultura.
O 15 de Outubro de 2017 moitos en Galicia, vivimos un verdadeiro pesadelo. Alí onde tiveras amigos ou familia había lume e lume. Os incendios arrasaron máis de 35.000 hectáreas de terra nunha soa fin de semana, levándose moita vida. Hoxe os montes queimados nos lembran cada día que foi verdade.
Cando perdes algo, ou estas a piques de perdelo, é cando te das conta do valor que ten. É por iso que, en Sémola, quixemos facer unha homenaxe a algo tan valioso para nós e para todos os galegos; Os montes, os nosos montes. De ahí nace esta historia.

A ILUSTRACIÓN

“Somos de Monte”, é un sentir, co que queremos transmitir que estamos orgullosos de ser de monte e de formar parte dunha cultura de monte e de aldea. Porque en Galicia os pobos son aldeas e as montañas son montes.

Ivan R, ilustrador e deseñador local, deulle sentido a este lema, a través desta fermosa ilustración . A ilustración conta que o monte ten vida propia, e que a súa vez está cheo de pequenas vidas. Conta que o monte nos acolle na súa saia, que o monte é o noso fogar, cheo de riqueza, de maxia. Entón lembramos aquel poema de Rosalía de Castro tan coñecido e que tantos sentimos coma noso: “… miña terra, miña terra, terra onde me criei … “

 

OS MICROMONTES

Pola contra, falamos cunha artista viguesa, Rebeca Terrón, que se adica a facer micromundos. Cando lle contamos o proxecto, e que queríamos que convertera os seus micromundos en micromontes, aceptou enseguida. Estes micromontes están expostos nunha das nosas tendas (Porta do Sol). Son miniaturas que amosan as distintas paisaxes dos montes galegos: cos seus carballos, os seus muriños, os seus cabalos salvaxes e as súas vacas rubias.

O VIDEO

Por último, levamos a cabo a producción e grabación dun video moi especial. Nel cóntase a beleza da vida de monte: un domingo na aldea, os avós que nos fan lembrar as nosas raíces, os paseos polo campo, a cociña de ferro, os veciños, os cans soltos, as galiñas … as cousas de sempre e da terra. É un corto de catro minutos que fala do futuro e de cómo debemos inculcar nos nosos nenos este amor pola vida do monte.

A película grabouse nunha aldea de aquí, da provincia de Pontevedra, nunha casa de aldea de verdade e con xente de verdade, sen filtros e sen disfraces. Conta unha historia auténtica, na que moitos podémonos ver identificados.

 

 

Tivemos a sorte de poder usar para a edición deste video, unha fermosa canción de Andrea Pousa. Andrea Pousa é unha cantante de Tomiño que acaba de grabar disco, unha emprendedora, unha valente. Ela xunto a Nani Garcia, colaboraran de maneira totalmente altruista con “N´Alen”, unha canción preciosa chea de sentimento.
Tamén contamos coa voz de Cristina Maró, actriz e presentadora de aquí, que cando coñeceu a iniciativa, estivo disposta a botarnos unha man. Prestounos a súa voz de forma desinteresada para o desenrolo da historia.

O PROXECTO SOLIDARIO

Agora queremos facer algo entre todos!

En cada unha das nosas tendas vendemos uns arboliños de galleta, solidarios, por 1 €. O 100 % dos fondos recaudados coa venta destes doces, vai ir destinada a unha labor educativa relacionada coa recuperación dos montes.
Estes cartos, van se destinar a prantar pequenas árbores da man dos máis cativos. A fin será que, coa axuda dunha comunidade de montes da zona, poideramos organizar a plantación de árbores, dunha forma controlada e planificada, con nenos da cidade.

Un neno non vai esquecer que un día prantou unha árbore, e que con este pequeno xesto axudou a recuperar os montes, que unha vez se perderon. Porque eles tamén son de monte.

Top